Quinto posto na 1ª manga e caída na 2ª para Jorge Prado no GP Pietramurata
Quinto posto na 1ª manga e caída na 2ª para Jorge Prado no GP Pietramurata
Jorge Prado, quinto posto esta mañá en Italia.
Nunha carreira do mundial na que o líder, o holandés Herlings, quedou sen posibilidades tras fallarlle a súa moto na saída.
O triunfo foi para o francés Roman Febre, co esloveno Gaiser na seguna praza. Febre desbanca a Herlings do liderado.
Jorge Prado finalizou na quinta praza despois de conseguir como é habitual a holeshot, a mellor saída de todos os participantes. E malia os problemas físicos que atravesa. Corre con dores.
Ás catro, a segunda proba deste Gran Premio Pietramurata. En directo pola G2.
👏Meritorio quinto posto para @jorgeprado61 na primeira manga do #MXGPPietramurata 🇮🇹
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 27, 2021
📺 Ás 16:00 a segunda na G2 e na Web! https://t.co/MfTgcFODYS pic.twitter.com/yR779Bg8HW
Na segunda manga Jorge Prado tivo que retirarse logo do choque con Paul Jonass. O piloto lugués botou mans ás costas. Prado padece unha fisura nunha vértebra.
😟 Caída de @jorgeprado61 na segunda manga do #MXGPPietramurata 🇮🇹
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 27, 2021
Unha mágoa, o piloto galego tivo que retirarse logo do choque con @PaulsJonass41
😢 Botou mans ás costas, lembremos que traía unha fisura nunha vértebra pic.twitter.com/jrbg2vYO5h