Quinto posto para Rubén Fernández no GP de Italia
Quinto posto para Rubén Fernández no GP de Italia
Gajser aproveita a baixa de Jorge Prado e aumenta o seu dominio no Mundial
No Mundial de motociclismo, Tim Gajser aproveitou a ausencia de Jorge Prado para seguir aumentando as diferenzas no Mundial. Gañou as dúas mangas con moita solvencia e segue no máis alto da táboa cada vez con maior superioridade. O vigués Rubén Fernández foi 6º e 5º respectivamente.
Na primeira manga, o esloveno gañou a primeira manga cunha gran superioridade sacándolle dez segundos a Seewer. O galego Rubén Fernández non tivo unha boa saída pero remontou e acabou na sexta posición.
Guión similar tivo a segunda, Rubén saíu 7º e Watson fixo o 'holeshot'. Pouco a pouco Gajser foi recuperando posicións e acabou festexando o GP bastante antes de chegar a meta. Rubén acabou na 5ª posición e rematou nese mesmo posto na xeral do circuíto de Maggiora.