Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rácing, Deportivo e Celta B seguen a carreira polas prazas de ascenso

Rácing, Deportivo e Celta B seguen a carreira polas prazas de ascenso

O Deportivo visita San Sebastián de los Reyes mañá a mediodía

O Celta B xoga á mesma hora en Majadahonda

O Rácing recibe o Fuenlabrada pola tarde (17h) en directo na G2

G24.gal 11/02/2023 14:58

Haberá un enfrontamento galego-madrileño triplo esta xornada en primeira federación.

O Deportivo visitará o San Sebastián de los Reyes nun momento doce para os coruñeses: despois de moitos meses, vense a dous puntos do líder.

Non poderán contar co cerebro de Rubén Díez, sancionado. E resolto o capítulo goleador coa chegada de Lucas, agora Cano céntrase en mellorar en defensa. Especialmente cando teñen dous partidos seguidos fóra de Riazor.

O imparable Celta B tamén xogará mañá ao mediodía. Visita o Raio Majadahonda, da zona baixa, nun gran momento de forma. Os vigueses sumaron 19 dos últimos 21 puntos. Viaxan a pola cuarta vitoria consecutiva para afianzarse así nos postos de fase de ascenso que acadaron por primeira vez.

O Rácing aspira a recuperar a posición que lle arrebatou o Celta B. Os postos de promoción que perdeu na actual xeira irregular dos ferroláns. Agora levan tres empates seguidos. Cristóbal loita por recuperar resultados e expectativas.

Así ve tamén o Rácing o técnico do equipo rival. Un Fuenlabrada en descenso, que só sumou dous puntos nos últimos seis partidos.

Visitará a Malata mañá á tarde, ante as cámaras da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos