Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing Vilalbés empata co Valladolid Promesas na Magdalena e segue no descenso

O Rácing Vilalbés empata co Valladolid Promesas na Magdalena e segue no descenso

Os dous equipos tiveron ocasións para marcar, pero a igualada non se moveu

Os galegos quedan a dous puntos dos pucelanos na táboa

G24.gal 30/03/2024 18:43

O Rácing Vilalbés empatou sen goles nun partido trepidante contra un rival directo, e terá que seguir loitando. O equipo de Simón Lamas tiña a opción de saír do descenso cunha vitoria, e púxose a buscala desde o inicio, gozando das primeiras ocasións: unha nas botas de Izan e outra a cargo de Álex Pérez. O filial tamén se estirou, tendo a primeira por medio de Chuki. O Valladolid atopábase máis cómodo saíndo á contra, e así gozou Pozo doutra ocasión clarísima á media hora. Pero, malia ás ocasións, o empate inicial non se moveu ata o descanso.

A segunda parte comezou de xeito similar pero, aos poucos, o Valladolid Promesas foi gañando presenza en ataque e pisando a área de Santomé con máis frecuencia. Chegaron algunhas ocasións, sobre todo con envíos aéreos que non souberon concretar os visitantes. Mentres, o Rácing Vilalbés aguantaba á espera de cazar algún gol á contra.

Cos cambios de Simón Lamas, o equipo galego recuperou a iniciativa. A máis clara chegou a balón parado, cun segundo envío que Vérez cabeceou moi preto da escuadra visitante. E, pouco despois, outro remate de Álex Pérez estivo preto do gol. A última tamén saíu das botas de Pablo Rey, nunha falta que Vérez non atinou a rematar entre os tres paus. Rematou o partido, e o Rácing segue no descenso, pero a tiro da salvación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos