A Radio Galega medra un 10% en audiencia, segundo o último EXM
A Radio Galega medra un 10% en audiencia, segundo o último EXM
Radio Galega Música dobrou a súa audiencia ata alcanzar os 30.000 oíntes
A Radio Galega consolida as súas franxas de liderado en Galicia e sobe ata os 145.000 oíntes de luns a venres, é dicir, un dez por cento máis que na anterior onda de decembro. A audiencia de luns a domingo sitúase nos 124.000 oíntes.
Radio Galega Música dobrou a súa audiencia ata alcanzar os 30.000 oíntes de luns a domingo e os 27.000 oíntes de luns a venres. Isto significa una suba de 15.000 oíntes cada semana.
Así, o conxunto de emisoras da Radio Gaelga consegue 169.000 oíntes de luns a venres e 151.000 oíntes de luns a domingo, segundo a onda do Estudo Xeral de Medios publicada este mércores. O número de oíntes no conxunto da semana medra en 23.000 persoas.
O Galicia por Diante é escoitado cada día por 92.000 persoas, é dicir, 18.000 máis que na anterior onda do EXM.