Cargando resultados...
Rafa Nadal só sabe gañar
Rafa Nadal só sabe gañar
Triunfo en Acapulco logo de derrotar a Norrie cun dobre 6-4
Leva quince partidos e quince vitorias nesta temporada
G24.gal
27/02/2022 10:14
Rafa Nadal impúxose no Aberto de Acapulco e continuou a súa serie inmaculada de partidos desde 2022. Son 15 partidos e 15 vitorias para un Nadal que dosifica os seus esforzos pero está a un nivel impresionante.
O sorprendente Cameron Norrie, que conseguira meterse no Top 10 mundial ao chegar á final, non foi rival para un Nadal que gañou cun dobre 6-4 e repetiu título en Acapulco.