Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafael Louzán vai recorrer a inhabilitación por prevaricar e seguirá traballando na Federación

Rafael Louzán vai recorrer a inhabilitación por prevaricar e seguirá traballando na Federación

Nun comunicado apela á súa presunción de inocencia

A Audiencia de Pontevedra condenouno a 7 anos de inhabilitación para desempeñar cargo público

A mesma sentenza absolveuno de fraude

G24.gal 10/05/2022 11:47 Última actualización 10/05/2022 11:58

O presidente da Federacion Galega de Fútbol, Rafael Louzán, vai recorrer a sentenza de sete anos de inhabilitación por prevaricación e vai seguir aos mandos do fútbol galego.

Louzán reivindica a súa presunción de inocencia tras a sentenza da Audiencia de Pontevedra sobre o caso das obras do campo de fútbol de Moraña, e onde os maxistrados ratifican unha pena de sete anos de inhabilitación tras confirmarse un delito de prevaricación, quedando absolto dun delito de fraude.

Rafael Louzán destaca que a sentencia "non é firme" e anuncia que mentres exerce o seu dereito á defensa pola vía xudicial continuará á fronte da Federación Galega de Fútbol "con total normalidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade