Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raúl Díaz "Levo xogando ao fútbol 35 anos. É unha forma de vida"

Raúl Díaz "Levo xogando ao fútbol 35 anos. É unha forma de vida"

O capitán do Sofán retírase este domingo a piques de cumprir 43 anos

G24.gal 23/04/2022 09:43

Con mais de 300 partidos xogados e máis de 140 goles marcados ca elástica do Sofán, o  capitán  do conxunto carballés colgará as botas esta fin de semana. Viviu tres ascensos, xogou dende 2ª Rexional ata 3ª División defendendo as cores do  club da súa vida  e disputou, ademáis, unha final de Copa da Costa. O venres foi protagonista no Galicia en Goles.

"Teño mestura de sensacións. Tiña claro que este ano tiña que ser. O fútbol é unha forma de vida, levo xogando dende os sete anos. É moi importante, fixen amizades, rivais que agora son amigos. Quero adicar tempo aos fillos e á muller e deixar atrás esta etapa da miña vida"

35 anos dan para moito e Raúl repasou a súa traxectoria con Paco Santos. Gran parte dos conxuntos da Coruña e contorna desfrutaron do seu xogo.

"Comecei no Olímpico de Rutis e estiven alí ata o segundo ano de xuvenís. Fun ao Deportivo de xuvenís, logo no Imperátor, tanto xuvenil como xa en senior.... Retornei ao OIímpico e estiven no Vizoño. No Silva ascendimos ata Preferente. Logo fun ao Caión e por fin chego ao Sofán. Lembro todo perfectamente porque o fútbol é algo marabilloso. Oxalá tivese menos anos porque me atopo perfectamente. Cóstame sacar tempo a nivel persoal e non me gusta xogar a medias tintas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos