Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reabre o viaduto do Castro de xeito parcial tras ano e medio pechado

Reabre o viaduto do Castro de xeito parcial tras ano e medio pechado

Xa se pode viaxar a Madrid pola autovía A-6 sen desviarse por Pedrafita do Cebreiro

Para regresar dende a capital aínda hai que pasar polo concello dos Ancares

G24.gal 30/12/2023 12:47 Última actualización 30/12/2023 15:13

Ano e medio despois, xa se pode viaxar a Madrid pola autovía A-6 sen desviarse por Pedrafita do Cebreiro. O Ministerio de Transportes reabriu de xeito parcial un dos carrís do viaduto do Castro que caera polo mal estado da estrutura.

Os vehículos poden circular cunha velocidade limitada a 50 quilómetros por hora. Segundo as previsións oficiais, o outro carril podería abrir na primavera para usalo de forma provisional en sentido Galicia. Ata entón, para vir desde a capital hai que seguir pasando por Pedrafita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade