Publicador de contidos
Publicador de contidos

Real Madrid e Manchester City resolverán a eliminatoria en Inglaterra (1-1)

Real Madrid e Manchester City resolverán a eliminatoria en Inglaterra (1-1)

Grandes goles, os de Vinicius na primeira parte e De Bruyne na segunda

G24.gal 09/05/2023 22:15 Última actualización 09/05/2023 22:51

O empate do Bernabeu entre o Real Madrid e o Manchester City fai que a eliminatoria se teña que resolver en Inglaterra (1-1). Máxima igualdade entre dous equipos que xogaron a un gran nivel. 

Fiel ao seu estilo, o equipo de Guardiola comezou o partido monopolizando o coiro e cun par de chegadas de perigo protagonizadas por De Bruyne e Rodri. Tardou en collerlle o pulso ao partido o Real Madrid, que co paso dos minutos atopou o xeito de responder e comezou a ameazar. O momento de Vinicius chegou no minuto 36 cun lanzamento extraordinario desde a frontal que acabou na rede.

O City víase superado polo xogo do Real Madrid. Ao comezo da segunda metade Benzema gozou doutra boa oportunidade para poñer o segundo. 

Pero o City volveu. O partido era un toma e daca, e nun dos moitos achegamentos De Bruyne sacou un bombeirolo desde a frontal que superou o seu compatriota Courtois. 

Malia o gol, o Real Madrid non se descompuxo nin se veu abaixo. Benzema tivo o segundo na cabeza pero Ederson acertou a deter o remate. No noventa Tchouameni volveu probar, cun lanzamento que obrigou ao máximo o porteiro do City. 

O partido rematou cos dous equipos asinando o empate e deixando todo pendente doutra pelexa épica en Manchester, a que decidirá o equipo que se mete na gran final da Champions.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade