O Real Madrid elimina o Valencia na quenda de penaltis
O Real Madrid elimina o Valencia na quenda de penaltis
Benzema e Lino marcaron os goles da primeira semifinal (1-1)
Os porteiros Courtois e Mamardashvili tiveron unha actuación moi destacada
O Real Madrid derrotou o Valencia na quenda de penaltis (1-1) e meteuse na final da Supercopa, que xogará contra o gañador do Betis-Barcelona.
O primeiro tempo foi moi intenso, con oportunidades para os dous equipos e moi pouco control. O Valencia gozou das súas (a mellor, unha de Kluivert que rexeitou Courtois) e o Real Madrid aproveitou para marchar ao descanso en vantaxe grazas a un penalti forzado e transformado por Karim Benzema.
No falla Benzema desde los 11 metros. El Real Madrid golpea primero. #SuperSupercopa pic.twitter.com/fwrQ1pzlsa
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 11, 2023
Non ían nin trinta segundos do reinicio cando Samuel Lino logrou o empate para o Valencia.
⚽️Samuel Lino sale con ganas. Empata el Valencia a los 20 segundos de segunda parte.#superSupercopa pic.twitter.com/WAU8qW11yU
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 11, 2023
O partido volveu gañar en intensidade, co Real Madrid dominando e o Valencia xogando á contra. A arreada final dos brancos, con ocasións para Benzemá, Vinicius e Valverde, puido darlles o triunfo, pero o partido acabou indo á prórroga.
¡La tuvo Vinicius para evitar la prórroga! Mamardashvili le gana la partida. #superSupercopa #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/pNuz99wEnW
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 11, 2023
Mamardashvili seguiu sendo un muro no tempo suplementario, que comezou cun paradón do xeorxiano a disparo de Vinicius. O Valencia tamén tivo a súa no minuto 110, nun remate de Fran Pérez que se atopou cunha man salvadora de Courtois. Os porteiros levaban o partido á quenda de penaltis, onde tamén tiñan que ser os protagonistas.
Foi Courtois o máis acertado ao deter o último lanzamento de Gayá e ver como Comert mandaba arriba o segundo disparo. O Real Madrid estivo infalible e meteuse na final.
❌¡La parada definitiva!
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 11, 2023
Courtois detiene el penalti de Gayà y el Real Madrid jugará la final de la #superSupercopa tras superar al Valencia. pic.twitter.com/Blps6zQsQl