Os estudantes de hostalería adaptan as receitas tradicionais das avoas galegas
Os estudantes de hostalería adaptan as receitas tradicionais das avoas galegas
As xornadas gastronómicas son parte dun proxecto que leva máis de tres anos en marcha en Pontevedra
O proxecto en que levan traballando tanto tempo no centro integrado de Formación Profesional xurdiu dunha idea orixinal de catro xornalistas gastronómicas chamada 'Os receitarios'. Aquí adaptárona para recoller receitas das avoas dos alumnos da escola e levan xa 320.
E funciona, onte e hoxe teñen o comedor do restaurante cheo con 10 pratos de menús cada día entre petiscos, peixes, carnes e sobremesas. A empanada de bacallau e pasas da avoa de Adrián é só un exemplo do bo facer destes rapaces coas receitas dos nosos maiores.
A acollida está a ser tan boa entre o público e o alumnado que a bo seguro que estas non serán as últimas xornadas de exaltación da cociña tradicional galega.