Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malestar de distribuidores e hostaleiros polo recorte de horarios de repartición na zona vella de Santiago

Malestar de distribuidores e hostaleiros polo recorte de horarios de repartición na zona vella de Santiago

Denuncian que o novo horario, que limita o repartimento ás dez da mañá, é incompatible co dos restaurantes

A ordenanza municipal aprobouse por unanimidade no pleno, pero o Concello abre a porta a facer axustes

G24.gal 07/10/2024 14:58

Traballan... segundo eles mesmo contan: 

"Ás carreiras, a correr".

"Moi rápido porque o sitio é moi pequeno, o espazo moi limitado".

"Polo cúmulo de traballo, de furgonetas, xa non é nada fácil".

O repartimento na zona vella de Santiago é de por si unha auténtica contra o reloxo, que nas vindeiras semanas ameaza con complicarse aínda máis. A nova ordenanza municipal reduce o horario das dez e media ás dez, un horario incompatible cos moitos clientes. 

"Se nos sacan media hora, é imposible facer o repartimento. Moitos clientes abren das dez para adiante, así que nesa media hora había que andar moi apurado para dar feito o traballo", explica un panadeiro.

"Vai ser máis complicado porque amoreámonos todos, os que están repartindo, os que veñen con materiais... non hai quen ande", lamenta un construtor.

A trasfega queda á vista: repartidores, empresas de limpeza ou lavandería, da construción, veciños e turistas comparten espazo. Pero as queixas esténdese tamén entre os hostaleiros, como explica Sara Santos, a presidenta de Hostelería Compostela.

"O repartimento da mercadoría hai que facelo, e facelo dentro duns horarios. O que non se pode é machacar aos compañeiros que ao mellor pecharon ás catro da mañá e non poden estar aquí ás nove para abrir".

Poñéndose no peor, un panadeiro aventura:

"Se o fan, só hai unha alternativa: pasar e o que estea aberto, facelo e o que non perdelo"

A ordenanza de circulación foi aprobada no pleno por unanimidade. Con todo, o Goberno municipal non descarta reaxustes para atender as necesidades do sector, pero tendo en conta a protección do patrimonio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade