Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector hoteleiro rexeita as novas medidas para o rexistro de viaxeiros

O sector hoteleiro rexeita as novas medidas para o rexistro de viaxeiros

Serán necesarios datos como o teléfono móbil ou a relación de parentesco entre os viaxeiros se hai menores

Recepción dun hotel
G24.gal 03/10/2024 15:11 Última actualización 03/10/2024 16:20

Rexistrarse como viaxeiro nun establecemento hoteleiro é ata o de agora un paso sinxelo. Non obstante, o real decreto do Goberno que entrará en vigor en decembro multiplica por catro os datos esixidos polo Ministerio do Interior.

Haberá que achegar unha información coma o teléfono móbil, o enderezo electrónico ou a relación de parentesco se se viaxa con menores. Datos que moitos clientes e empresarios encontran innecesarios.

"Se antes facías un rexistro podía levar cinco minutos agora hai que sumar todos estes datos. Ademais ten un custo porque obriga a actualizar os programas de recepción", asegura Óscar González, director do hotel Alda Orzán.

"Onde queda a privacidade", pregúntase unha turista.

O Goberno defende que detrás desta normativa hai razóns de seguridade cidadá e que conta con todos os informes da Axencia de Protección de Datos.

"Tivo en consideración o dereito á intimidade e á privacidade pero tamén a necesidade de protexer ao conxunto dos cidadáns", argumenta o Ministro do Interior.

O sector hoteleiro cre que todas estas esixencias terán unha consecuencia na competitividade.

"Non se esixe noutros países europeos que son competidores directos no sector turístico. E tampouco noutros sectores fóra do turismo", asegura un responsable de hotel.

Anuncian recursos xurídicos se non hai cambios. "Esta norma vaise tombar nos tribunais europeos", adianta César Sánchez Ballesteros, presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra.

A nova normativa tamén será de aplicación nas axencias de viaxes e nas empresas de alugueiro de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade