Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman mellores horarios para o tren Vigo-A Coruña

Reclaman mellores horarios para o tren Vigo-A Coruña

Os ususarios piden que se incrementen as frecuencias nas primeiras horas da mañá e da tarde

G24.gal 12/01/2022 14:18

Para chegar antes das 8 da mañá á Coruña dende Vigo hai que sair ás 5 nun tren que tarda máis de dúas horas e que parte da estación provisional de Guixar. Os usuarios lamentan que os máis rápidos, cun percorrido dunha hora e 20 minutos, non adapten as súas frecuencias aos horarios laborais máis comúns.

Renfe modificou os horarios e adiantou o tren das nove menos dez ata as 8 da mañá. Pero non todos os usuarios o consideran suficiente.

Entre Vigo e A Coruña hai polo menos 16 frecuencias entre semana con sete trens que tardan menos dunha hora e media en facer o percorrido. A petición dos usuarios é, sobre todo, que se axusten os horarios da primeira hora da mañá e da tarde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade