Recollen sinaturas para blindar as pensións na Constitución
Recollen sinaturas para blindar as pensións na Constitución
"Que non lles permita recortalas, nin privatizalas e que estean obrigados a manter o poder adquisitivo", di Carlos Vázquez, voceiro da Mesa pola blindaxe das pensións en Galicia
A mesa pola blindaxe das pensións en Galicia quere mobilizar a cidadanía baixo a premisa de que as pensións afectan os xubilados de agora e a todos os cidadáns que no futuro chegarán a selo. Están a recoller sinaturas para entregarllas á Valedora do Pobo na busca de apoios.
Ademais, o vindeiro día 25 celebran un acto en Madrid baixo o lema "Somos 47 millóns" para pedir que as pensións queden blindadas na Constitución.
Carlos Vázquez, voceiro da Mesa pola blindaxe das pensións en Galicia, apunta que queren "pedir que se blinden as pensións na Constitución, como unha lei fundamental que obrigue a calquera Goberno. Que non lles permita recortalas, nin privatizalas e que estean obrigados a manter o poder adquisitivo".