Cargando resultados...
Recomendacións da OCU para compartir a lotaría de Nadal
Recomendacións da OCU para compartir a lotaría de Nadal
Pasos necesarios para compartir décimos por mensaxería instantánea
G24.gal
08/12/2022 14:13
Mercar o décimo. Facerlle unha foto. Enviar ás persoas coas que se quere compartir. Iso é o habitual cando se comparten décimos da Lotaría de Nadala por mensaxería instantánea. A OCU recomenda os seguintes pasos para evitar posibles conflitos a posteriori.
PASO 1: Acordar quen é o depositario do décimo e cales son as condicións nas que se xoga.
PASO 2: Identificar aos participantes. Nomes por escrito coa cantidade que xoga cada quen.
PASO 3: Mandar a imaxe ao grupo correspondente, creado antes do sorteo. Debe verse claramente o número, a serie, a fracción e o prezo.
PASO 4: Non borrar a mensaxe. É a proba para evitar posibles conflitos.