Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recomendan reducir o consumo de auga en Vigo, Baiona e Nigrán

Recomendan reducir o consumo de auga en Vigo, Baiona e Nigrán

Os encoros de Zamáns e Baíña están ao 60 %

G24.gal 11/08/2022 13:29 Última actualización 11/08/2022 14:14

Nos concellos máis turísticos da área de Vigo cada vez son máis os que o pensan antes de pulsar unha fonte ou abrir unha billa. Veráns como este tan calorosos deixaron os encoros de Baíña, en Baiona, e de Zamáns, en Vigo, ao 60 %. Se continúa a calor e os consumos, moitos temen chegar a unha situación complicada como a que afecta xa a Ribadavia, que sofre severas restricións; por iso a Xunta pediu aos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona tentar reducir o gasto de auga.

Nestas zonas costeiras hai un mes que se cortaron as duchas e contrólanse outros consumos, o problema é a superpoboación no verán e para moitos a mellorable xestión dos recursos.

O ano pasado os encoros do sur de Vigo tiñan un 25 por cento máis de caudal. Mellor é a situación do encoro de Eiras que tamén fornece a Vigo e supera o 80 % de capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos