A Xunta fai reformas nos centros de ensino para mellorar a eficiencia enerxética
A Xunta fai reformas nos centros de ensino para mellorar a eficiencia enerxética
Plan de nova arquitectura pedagóxica
Un 40 % dos fondos son para mellorar a eficiencia enerxética dos centros educativos
A media dos máis de 1.100 centros de ensino de Galicia xa ten 45 anos
Búscanse espazos máis sostibles e unha maior calidade ambiental nos centros educativos, por iso a Xunta está realizando obras de mellora, moitas delas orientadas a reducir o consumo enerxético e tamén as emisións de CO2. Porque a media de idade dos máis de 1.100 centros de ensino que hai en Galicia é xa de 45 anos.
"Levamos nos últimos 5 anos en obras impulsados pola Xunta de Galicia máis de 112 millóns de euros de investimento en obras de eficiencia enerxética, 112 millóns de euros que se traducen tamén nun aforro enerxético moi significativo aproximadamente o 45 % de aforros nos consumos enerxéticos unha vez que se implementan estas obras", informa Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades.
En total este verán estanse a realizar máis de 350 obras en centros de ensino de toda Galicia, e tres delas están no Porriño.
"Estamos en Porriño con dúas obras de eficiencia enerxética postas en marcha, o instituto Pino Manso cun investimento en torno a un millón e medio aproximadamente e este colexio onde estamos desenvolvendo neste momento concreto a substitución das luminarias por luminarias led moito máis eficientes e temos tamén planificado diferentes accións vencelladas ao cambio de cubertas e ao cambio de envolventes de fiestras que poidan contribuír a reducir os consumos", apunta o conselleiro.