Cargando resultados...
Reganosa consolídase como a segunda planta de gas licuado de España
Reganosa consolídase como a segunda planta de gas licuado de España
A planta de Mugardos acaba de superar o fito dos 500 barcos operando na terminal
G24.gal
08/07/2024 20:04
Última actualización 08/07/2024 20:09
Reganosa consolídase como a segunda planta de gas licuado de España tras recibir 500 barcos.
A planta mugardesa leva seis anos de crecemento sostido e agora acaba de salvar ese importante fito de superar o medio millar de buques operando na súa terminal.
Conta con 197 empregados e recibe gas natural de 13 países.
É a principal actividade do porto comercial ferrolán, cun movemento anual de máis de 23 millóns de toneladas de mercadoría.