Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresa a calma despois do temporal, pero só por dous días

Regresa a calma despois do temporal, pero só por dous días

Cesan os chuvascos e soben as temperaturas en moitos puntos de Galicia

O xoves unha fronte fría traerá de volta a chuvia e a neve

G24.gal 27/02/2024 13:51

Os barcos navegan por un mar calmo na Illa de Arousa. O ceo loce azul no Morrazo. O sol derrete a neve nas montañas de Lugo. O rastro da borrasca Louis vaise perdendo e a tranquilidade ábrese paso despois do temporal.

"Hoxe xa non hai avisos de ningún tipo e as chuvias remitiron na mañanciña. Teremos claros pola tarde en Pontevedra e Ourense e unha suba tímida das temperaturas. Mañá o día será parecido, pero un pouco máis calido e húmido", explica Diego Viaño, informador de 'O tempo' da TVG.

Pero non se confíen. A destes días é a calma que precede a unha nova fronte que varrerá Galicia a partir do xoves.

"Entrará chuvia asociada ao sistema central, despois entrará frío con descenso de temperaturas e a cota de neve irá caendo, podería estar por baixo dos mil metros na tarde do xoves", engade Diego Viaño.

O venres comeza a primavera meteorolóxica. Pero todo apunta a que seguiremos instalados no inverno, coa previsión dunha fin de semana fría, húmida e desapracible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade