Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresan as ceas de Noitevella con cheos na hostalería

Regresan as ceas de Noitevella con cheos na hostalería

Os prezos dos menús soben un 15 % pola inflación

O perfil dos clientes é maioritariamente de familias

G24.gal 28/12/2022 19:34 Última actualización 28/12/2022 20:13

Peixes, mariscos, carnes selectas e, tratándose de Lugo, mesmo polbo. Son os pratos que se van degustar maioritariamente nas ceas de noitevella nos locais de hostalería. Nin a crise nin a inflación semellan frear unhas ganas de troula que levaron a que a meirande parte dos locais estean xa coas reservas esgotadas. O perfil dos comensais é moi claro: familias con todos os seus membros.

Algúns locais ofrecen, ademais da cea, toda unha noite de troula con música de orquestras ou dj´s, cotillón e os xa tradicionais churros con chocolate. A suba xeneralizada dos prezos tamén se deixa sentir e haberá que desembolsar non menos de entre 60 e 170 euros por comensal en función do que se contrate. Logo de dous anos sen festa de fin de ano, mesmo os donos dos locais queren algo de troula aínda que supoña máis traballo.

A meirande parte dos locais que celebran ceas de fin de ano teñen pensado abrir o día 1 malia o esforzo da Noitevella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar