Cargando resultados...
Remata a aventura europea do Mecalia Guardés
Chegou a ter tres goles de vantaxe na primeira parte pero o Besançon acabou gañando por 24-30
G24.gal
21/11/2021 20:36
A aventura europea do Mecalia Guardés rematou diante do Besançon de Francia. Era unha misión case imposible porque traía unha desvantaxe de 11 goles do partido de ida. Na primeira metade meteu moito ritmo e chegou a ter vantaxes de tres goles que facían soñar coa remonta. Pero o Besançon impuxo a súa calidade, igualou o partido e sentenciou nos últimos quince minutos nos que se pasou dun 21-21 ao definitivo 24-30.