Cargando resultados...
Remata a Festa do Boi coas rúas de Allariz ateigadas de visitantes
Remata a Festa do Boi coas rúas de Allariz ateigadas de visitantes
Esta tradición medieval celébrase dende hai 40 anos de xeito ininterrompido
Coa derradeira saída do Boi e a marcha do Xoán de Arzúa despediron o evento
G24.gal
11/06/2023 20:57
Última actualización 11/06/2023 21:06
Milleiros de persoas participaron na despedida da Festa do Boi de Allariz. O domingo foi un dos días grandes, con esa derradeira saída do boi polas rúas da vila, e rematou coa marcha do Xoán de Arzúa.
Foron sete xornadas descontinuas en que se celebrou esta tradición medieval recuperada en 1983. Corenta anos, pois, de celebración ininterrompida. O tempo solleiro axudou na xornada derradeira.