Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata unha nova edición do Festival de Ortigueira, referente mundial da música celta

Remata unha nova edición do Festival de Ortigueira, referente mundial da música celta

Durante os últimos oito días máis de 200 artistas e 45 bandas bandas encheron de música a vila

Declarado de Interese Turísitico Internacional, o primeiro certame celebrouse en 1978

G24.gal 16/07/2023 21:53 Última actualización 16/07/2023 22:31

A traca final do Festival de Ortigueira está a cargo este domingo pola noite dos Carecos e  Covagueira canda Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que levarán o seu ritmo ante milleiros de seguidores da música celta que encheron a vila durante a última semana.

Polo escenario pasaron estes días grupos galegos recoñecidos como Sondeseu, Mallou ou Xisco Feijóo e Xurxo Fernandes, ademais dunha ampla representación de grupos e bandas celtas de Asturias e internacionais procedentes da Bretaña, Escocia ou Irlanda.

A vila encheuse estes días de actividades arredor da cultura celta, da que xa é un referente mundial cun cartel de completo ante a chegada de visitantes tanto aos lugares de acampada como nos locais da hostalaría local.

A organización do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira comunicou que a súa edición de 2023, que finaliza este domingo tras oito xornadas consecutivas de actividades, foi "astronómica" grazas a unha das maiores cifras de afluencia dos últimos anos, máis de 100.000 persoas.

Os seus recitais máis multitudinarios foron os de Elefant Sessions o pasado martes, Rura e Startijenn este venres e Lle Vent du Nord e Four Men and a Dog este sábado.

 Ademais da música houbo tempo para distintos obradoiros como os de fotografía documental de rúa, de baile galego, asturiano ou bretón.

Houbo tempo para mostras como Berpiztu, la expo, relacionada con el músico Kepa Junkera, e A través do noso obxectivo, de Juan Ocaña e Pedro Michelena, abertas no concello.

O festival, que se celebrou por primeira vez en 1978 por mediación da Escola de Gaitas de Ortigueira, reivindica o legado cultural das oito Nacións Celtas, que son Galicia, Asturias, Bretaña, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda e Escocia.

Este domingo unha das principais actividades foi precisamente o Desfile das Nacións Celtas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos