Cargando resultados...
Remontada do Pontevedra en Asturias cun futbolista menos
Malia o dobre cartón amarelo a Churre, os granates tombaron ao Langreo con dobrete de Charles
G24.gal
04/12/2021 21:48
Na segunda federación, hoxe so había un partido con presenza galega, a visita do Pontevedra a un rival da parte alta como é o Langreo.
E saldouse con remontada dos granates. Porque abriu o marcador o equipo asturiano por medio de Cristian aos nove minutos.
O Pontevedra reaccionou antes do descanso, e conseguiu o empate por medio de Charles. E logo dun gol anulado e da expulsión de Churre, un penalti permitiulle a Charles marcar o dobrete no último minuto.
É o duodécimo tanto do pichichi da categoría, que deixa ao Pontevedra de segundo a dous puntos do Adarve.