Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renato Tapia: de descarte a mellor xogador do mes no Celta

Renato Tapia: de descarte a mellor xogador do mes no Celta

"Foron meses moi duros, pero souben que o esforzo me ía levar a un momento así", comentou o xogador para a canle do club

G24.gal 15/01/2024 17:31

Renato Tapia recibiu o premio que o acredita como o mellor xogador do Celta no mes de decembro. O peruano pasou de non contar para Rafa Benítez a ser unha peza imprescindible no centro do campo e o club xa lle puxo enriba da mesa unha oferta de renovación. 

En decembro, Tapia foi titular nos tres partidos que disputou o cadro vigués xogando os noventa minutos en todos eles. Ata a xornada 11 o internacional por Perú apenas contara para Benítez (42 minutos en total) pero as necesidades do equipo fixeron que tivera que apostar por un centrocampista que estaba na rampla de saída desde a pretemporada porque remataba contrato o vindeiro mes de xuño. Desde ese partido só se perdeu dous compromisos e foi pola expulsión no partido diante do Sevilla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar