Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe e o Adif darán explicacións aos presidentes de Asturias e Cantabria polos erros nas medidas dos trens

Renfe e o Adif darán explicacións aos presidentes de Asturias e Cantabria polos erros nas medidas dos trens

O PP pide que a Ministra de Transportes explique no Congreso o retraso da renovación do servizo de proximidade

G24.gal 07/02/2023 14:32

As empresas Renfe e o Adif asumen as primeiras consecuencias do fallo nas medidas dos trens de proximidade contratados para Asturias e Cantabria. Cesan dous cargos técnicos como medida preventiva á espera do resultado da auditoría que poderá determinar novos axustes.

"É unha chapuza e teñen que dar explicacións".

Renfe e o Adif  convocan este mércores en Santander os presidentes de Asturias e Cantabria para constituír o grupo de traballo que se encargará do seguimento do proxecto.

"A esixencia que facemos é que os trens non só se teñen que construír no menor tempo posible si non que ademais ten que haber máis trens".

A ministra de Transportes terá que dar explicacións no Congreso. Faino a pedimento do Partido Popular logo de que algunhas informacións xornalísticas apunten que o Goberno coñecía estes fallos nas medicións dos trens desde hai máis dun ano.

Raquel Sánchez comprométese a axilizar os prazos para que os trens poidan entrar en servizo canto antes: "Imos facer todo o posible para acurtar os prazos".

Os prazos que barallan os técnicos apuntan a un atraso de entre dous e tres anos para poder contar cos novos trens en servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade