Renfe amplía os servizos Galicia-Madrid con 4.000 prazas extra semanais
Renfe amplía os servizos Galicia-Madrid con 4.000 prazas extra semanais
A compañía subtitúe dous Alvia por dous Avlo S106 con máis de 500 prazas por convoi
A oferta total de alta velocidade entre Galicia e Madrid é de 58.000 prazas cada semana
Desde este domingo Renfe pon en circulación dous servizos Avlo máis na conexión entre Galicia e Madrid, con trens novos da serie 106, que substitúen a dous dos anteriores Alvia.
"Xenial porque ao final tamén auemntan as prazas supoño".
Segundo explica a compañía, son 4.000 prazas extra semanais que se suman á oferta actual do corredor de alta velocidade galega, unhas 58.000 en todos os servizos que conectan Galicia e Madrid.
"Moi ben, é unha solución para a xente que ten que ir traballar a Madrid por menos custo porque ao final os trens son bastante caros".
Desde a compañía, aseguran que tamén haberá unha importante mellora nos tempos da viaxe respecto aos Alvia, 18 minutos menos no Avlo entre A Coruña e Madrid, e 42 minutos menos no traxecto de volta.
"É máis barato pero cada quen ve a compensación nos puntos que lle interesan e a diferenza co Alvia tampouco é moita, media hora".
"Adáptome aos horarios, non ao tipo de tren, de feito xa non volvo nun Avlo".
"É barato, chega en tres horas e media marabilloso pero imposible collelo se levas dúas maletas normais, déixanche pagar unha mediana, 10 euros pero non outra, só unha ou dúas de cabina e ningún paquete, non podemos levar marisco".
Deste xeito, Renfe substitúe o Alvia Madrid-Ferrol por un Avlo con saída da capital ás 8:08 da mañá e chegada á Coruña as 11:45, con paradas en Zamora, Ourense e Santiao.
E o Alvia Ferrol-Madrid deixa paso a un Avlo con saída da Coruña ás 16:15 horas e chegada a Chamartín ás 19:50 horas, con paradas en Santiago, Ourense e Zamora.