Renfe porá á venda o 1 de agosto os abonos gratuítos para o último cuadrimestre
Renfe porá á venda o 1 de agosto os abonos gratuítos para o último cuadrimestre
Permitirán viaxar entre o 1 de setembro e o 31 de decembro
Entre maio e agosto vendeu máis dun millón de unidades
O vindeiro martes, 1 de agosto, Renfe porá á venda os novos abonos gratuítos de proximidade, Rodalies e Media Distancia para o último cuadrimestre do ano, que permitirán viaxar entre o 1 de setembro e o 31 de decembro.
Segundo informa a operadora ferroviaria nun comunicado, para axilizar a venda os abonos de proximidade e Rodalies poderán adquirirse a través da aplicación de Renfe, mentres que os de Media Distancia, na web e nas canles de venda habituais.
Nos servizos ferroviarios Avant mantense o desconto do 50 % nos abonos, o mesmo que se aplica a outros traxectos de alta velocidade declarados Obrigación de Servizo Público (OSP), que funcionan coas mesmas condicións que un Abono Avant.
Máis dun millón de abonos
No segundo cuadrimestre o operador ferroviario vendeu máis dun millón de abonos, na súa gran maioría correspondentes a títulos de proximidade e Rodalies.
Os títulos gratuítos pódense conseguir en calquera momento durante o seu período de vixencia e é necesario que a clientela estea previamente rexistrada.
Así mesmo, é preciso abonar unha fianza de 10 euros no caso de proximidade e Rodalies, e de 20 euros para cada servizo de Media Distancia, que se devolverá se ao rematar o cuadrimestre se ralizaron un mínimo de 16 viaxes.