Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe reforza con 8000 prazas máis os trens a Santiago polo Son do Camiño

Renfe reforza con 8000 prazas máis os trens a Santiago polo Son do Camiño

Hai prazas extra en 32 trens que conectan a capital con Ourense, Vigo e A Coruña

O reforzo prolóngase ata o domingo para facilitar o regreso desde o festival

Na estación intermodal os viaxeiros poden coller o bus gratuíto de lanzadeira ao Monte do Gozo

G24.gal 16/06/2022 14:07

Desde hoxe ata o domingo Renfe reforza con prazas extra 32 trens de media distancia, con destino e saída de Santiago. Son case 8.000 prazas máis nos traxectos que unen a capital con Vigo, A Coruña e Ourense, ata acadar un total de 55.000 prazas.

Todos os trens fan a súa ruta habitual de maneira que tamén achegan ao festival viaxeiros de Arousa, Pontevedra ou Redondela, xa se están vendo chegar, a maioría son xente nova que van acampar no festival.

Unha vez en Santiago na dársena dos buses desta mesma estación intermodal atoparán servizos gratuítos de lanzadeira que os levarán ata as inmediacións do monte do Gozo.

Agárdase 42.000 persoas ao día así que o mellor consello é apostar polo transporte público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade