Renuncia outro deputado de Vox, Juan Luis Steegmann
Renuncia outro deputado de Vox, Juan Luis Steegmann
O número 6 de Vox por Madrid declinou este xoves recoller a acta de deputado
Juan Luís Steegman, número 6 de Vox por Madrid, declinou este xoves recoller a acta de deputado que lle correspondía ao correr a lista tras a renuncia do portavoz deste partido no Congreso, Iván Espinosa de los Monteros, a repetir na Cámara.
Vox obtivo cinco escanos na circunscrición de Madrid nas eleccións do 23X, cunha candidatura na que Steegmann, que deixou tamén o seu posto de vogal na dirección nacional do partido, ocupaba o sexto lugar.
A renuncia ao seu escano de Iván Espinosa e agora a de Steegmann, podería supoñer a volta ao Congreso de Carla Toscano, número 7 na candidatura por Madrid.
Na última lexislatura, Toscano protagonizou unha das grandes polémicas cando dixo da ministra de Igualdade, Irene Montero, que o seu único mérito era "estudar en profundidade a Pablo Iglesias", a súa parella e fundador de Podemos