Publicador de contidos
Publicador de contidos

Representantes de quince entroidos tradicionais participan nun desfile pola zona vella de Santiago

Representantes de quince entroidos tradicionais participan nun desfile pola zona vella de Santiago

No desfile participaron seis entroidos declarados de interese turístico, os de Verín, Laza, Viana do Bolo, Xinzo, Vilaboa e os xenerais do Ulla

Tamén desfilaron outros nove entroidos convidados, entre eles algúns que se recuperaron recentemente.

G24.gal 02/09/2023 16:57 Última actualización 02/09/2023 17:34

Cigarróns, pantallas, peliqueiros, xenerais, boteiros ou felos. Os protagonistas principais dos entroidos galegos desfilan xuntos polas rúas de Compostela.

“É dar a coñecer un pouco o típico de cada zona, é bonito non esquecerse das tradicións", asegura o representante dos cigarróns de Verín.

Participan seis entroidos declarados de interese turístico e outros nove convidados. Algúns deles, como os follateiros de Lobios ou os mudados de Ribatedea, foron recuperados recentemente.

"O noso entroido son os mudados que van á perriña. O mudado é o personaxe e o rito é ir ás perriñas, que son os cartos da xente das casas".

"Recuperamos un traxe que ten moito traballo porque temos que empezar coa sementeira do millo, coidalo e regalo para poder ter os follas e facer con elas as roupas", explica unha participante do entroido de Lobios.

O obxectivo é dar coñecer entre os visitantes toda a riqueza e variedade do Entroido galego.

"Aproveitamos que aínda estamos no verán e que aínda hai bastantes visitantes de fóra para dar a coñecer a nosa cultura e a nosa festa", explica Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia

Cando faltan aínda seis meses, en Santiago viviuse un adianto do Entroido que está por vir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar