Publicador de contidos
Publicador de contidos

Repunta a venda de disfraces para a noite do Samaín

Repunta a venda de disfraces para a noite do Samaín

Reactívanse as celebracións desta tradicional festa do outono

Nas tendas recuperan a actividade, e as cifras das vendas mesmo superan as de anos previos á pandemia

Triunfan os traxes dos protagonistas das series de ficción, pero a temática do medo segue sendo a máis solicitada

Compras de última hora para o Samaín.
G24.gal 28/10/2021 21:01

Ademais do Día de Defuntos, a noite do 31 ao 1 de novembro celébrase o Samaín. Este ano reactívanse as celebracións desta tradicional festa e nas tendas de disfraces hai moita actividade estes días previos e aseguran que as cifras das vendas mesmo superan as de antes da pandemia. 

Queda pouco tempo e toca buscar disfrace para as festas infantís do Samaín, que xa se adiantan á tarde do venres. Apurando as últimas horas algúns téñeno moi claro e outros aínda están un chisco indecisos.  Pero todos teñen ganas de recuperar esta festa tradicional do outono. 

Nas tendas especializadas en disfraces din que a actividade é moi intensa nestas xornadas previas e que a xente está moi animada con volver a disfrazarse na noite máis terrorífica do ano. 

Os máis buscados son os traxes das personaxes das series de ficción de moda e agárdase que este ano as rúas se enchan de fundas vermellas. 

Unha tradición pagá que se remonta á cultura celta

Unha noite de medo e escuridade que conecta o mundo dos vivos cos mortos nunha tradición pagá que se remonta á cultura celta. Unha festa para os pequenos pero tamén para os adultos.

Noite meiga a do Samaín que segundo a tradición festexa o cambio de estación, o paso do verán ao inverno e seica os nosos antergos tamén se enmascaraban para espantar os malos espíritos coas cabazas, nabos ou remolachas.

 

Os máis pequenos buscan os disfrace das personaxes das series de moda. Os máis pequenos buscan os disfrace das personaxes das series de moda.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar