Publicador de contidos
Publicador de contidos

Resaca do Kirk en Santiago, con graves perdas nas árbores da Alameda

Resaca do Kirk en Santiago, con graves perdas nas árbores da Alameda

O temporal provocou máis dun cento de incidencias ca capital galega, as máis importantes no pulmón central da cidade

O vento levou a cuberta do conservatorio, que nas próximas horas prevé recuperar a actividade

G24.gal 10/10/2024 14:14

As augas sempre volven á súa canle. Porque non hai máis que ver como ía onte o Sar por Santiago, como conta Concha, unha veciña. "De lado a lado. Cubría todo. A verdade é que era impresionante e os troncos que baixaban polo medio do río. Había uns parrulos que estaban agochados alí porque lle tiñan medo porque os levaba a auga".

Pero a visita de Kirk resúmese en dúas imaxes. A máis aparatosa, no conservatorio de música.

"Veu un refacho de vento moi forte e levantou unha parte importante da cuberta do edificio. Saíu a parte de riba, que é de zinc e quedou o formigón e provocou toda esta lea que temos", explica o director do Conservatorio Profesional, José Luís Quintas.

A de maior impacto, na Alameda. "Está triste porque caeron moitas árbores e esgazaron moitas pólas da carballeira. Está máis fea". "Paréceme desolador. Eu vivo aquí en fronte e é unha tristeza tremenda", coinciden os habituais da carballeira.

Perda emocional, material e patrimonial. Hoxe, traballo contra o reloxo para limpar e empezar a avaliar o estado de cada árbore.

"Eran árbores sas, só se pode atribuír a súa caída ao forte vento, que foron moi, moi importantes, de 114 quilómetros por hora. Tanto foron árbores de gran porte como algún mesmo sen folla", sinala Jesús Domínguez, o concelleiro de Parques e Xardíns.

Por sorte, despois da tempestade sempre vén a calma, como se pode ver na escola das Fontiñas. Hoxe clase normal cunha árbore enriba do teito do centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade