Cargando resultados...
Rescatatan unha mariscadora que partiu unha perna collendo ourizos en Foz
Rescatatan unha mariscadora que partiu unha perna collendo ourizos en Foz
A muller estivo dúas horas pedindo auxilio ata que a oíron uns veciños
Por sorte, o rescate produciuse antes de que subise a marea
G24.gal
15/02/2024 20:07
Última actualización 15/02/2024 20:50
Unha hora tardaron os efectivos do 112 en conseguir rescatar das rochas unha mariscadora que caeu mentres collía ourizos en Nois, no concello de Foz.
A muller esvarou e estivo dúas horas pedindo auxilio ata que uns veciños a oíron.
Por sorte, os efectivos conseguiron sacala do lugar antes de que subise a marea.
A mariscadora foi trasladada ao Hospital da Mariña, en Burela, cunha perna rota.