Publicador de contidos
Publicador de contidos

Resolven catro anos despois o secuestro exprés dun empresario de Verín para pedirlle cartos

Resolven catro anos despois o secuestro exprés dun empresario de Verín para pedirlle cartos

Identificaron agora o suposto autor da extorsión, que reside en Portugal e está en prisión por outras causas

Esixíanlle un millón de euros para perdoarlle a vida

G24.gal 02/09/2023 20:42 Última actualización 02/09/2023 21:15

Unha complexa e longa investigación da Garda Civil logrou dar co sospeitoso do intento de secuestro do empresario verinés. Sucedeu en 2019.

Un empresario da zona, denunciou daquela que o 11 de decembro de 2019 mentres paseaba o seu can pola noite, uns individuos metérono pola forza dentro dun coche e levárono ata un descampado onde lle pediron un millón de euros, mentres o ameazaban cunha pistola e cun coitelo.

A vítima aseguroulles que non dispuña desa cantidade e entón reclamáronlle 150.000 euros. Acordaron o pagamento en Chaves e deixaron libre o home. Pero non tiña intención de pagarlles o que lle pedían.

Ao día seguinte acudiu a unha sucursal bancaria e pediulle axuda ao empregado que contactou coa Garda Civil.

A entrega dos cartos nunca se produciu e comezou unha complexa investigación.

Tras catro anos de pescudas, a Garda Civil de Ourense, en colaboración coa portuguesa, identificou o presunto responsable, un cidadán portugués que xa está cumprindo condena por outros delitos.

Impútanselle delitos de secuestro, extorsión e roubo con violencia e intimidación. Dar con el non foi doado. A operación Chispis tramítase agora no Xulgado de Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade