Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retómase a busca dos dous mozos que desapareceran facendo caiac en Porto do Son

Retómase a busca dos dous mozos que desapareceran facendo caiac en Porto do Son

O mariñeiro que atopou o óso guía os mergulladores da Garda Civil

G24.gal 19/01/2022 09:23

As probas de ADN confirmárono ao 99 por cento. A costela localizada o pasado 30 de novembro en augas de Porto do Son pertence a Xabier Hurtado, un dos dous mozos que desapareceran no verán de 2020 ao envorcar o caiac no que viaxaban. O achado realizouno, de maneira fortuíta, Xaquín Queiruga, un mariñeiro da localidade.

Dende o primeiro momento sospeitou que o óso podía pertencer a algún dos mozos desaparecidos e, nada máis desembarcar, púxose en contacto coas autoridades. 

O GPS rexistrou todo o percorrido do barco o día en que apareceu a costela e isto pode axudar a dar cos corpos. Os mariñeiros son optimistas.

Os mergulladores da Garda Civil retomaron hoxe mesmo as tarefas de busca. Agardan dar cos restos óseos de Xabier e tamén cos de Miguel, o outro mozo desaparecido. Canda eles, viaxaba no caiac unha rapaza que logrou chegar a terra polos seus propios medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade