Cargando resultados...
Revisar o cadro eléctrico ou instalar detectores de fume pode axudar a salvar vidas en caso de lume
Revisar o cadro eléctrico ou instalar detectores de fume pode axudar a salvar vidas en caso de lume
Os Administradores de Fincas e a Fundación Mapfre colaboran nunha campaña de prevención de incendios
G24.gal
08/11/2024 14:41
O Colexio de Administradores de Fincas en colaboración coa Fundación Mapfre está desenvolvendo unha campaña para sensibilizar da importancia da prevención. Revisar as instalacións eléctricas ou instalar detectores de fume pode reducir ata no 90 % o número de falecementos.
"É un aparello que custa 20 euros. E ten unha instalación moi sinxela. Pódese pegar na parece e ten unha pila", indica Teresa Agrasar, Presidenta do Colexio de Administradores de Fincas
Medidas sinxelas que hai que ter en conta cando se aveciñan os meses de frío que concentran o maior número de incendios domésticos.