Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera confirma que non recollerá a súa acta de eurodeputada: "Non houbo ocultación"

Ribera confirma que non recollerá a súa acta de eurodeputada: "Non houbo ocultación"

"Agradézolle a sinceridade coa que recoñeceu ser unha auténtica fraude electoral", espetoulle Miguel Tellado

Intervención de Teresa Ribera no Congreso dos Deputados (EFE/ Mariscal)
G24.gal 26/06/2024 12:38

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, afirmou que non tomará posesión do escano como europarlamentaria en Bruxelas e lembrou, que ese foi o seu plan desde o principio e que nunca se ocultou.

Desde o principio fomos "moi claros" sobre unha candidatura que expresase un futuro integrado para Europa, pero sen tomar posesión da acta, explicou Ribera, quen aclarou que outros partidos tamén presentaron candidatos que non van recoller a súa acta, en alusión a Giorgia Meloni, en Italia.

Desta maneira a ministra respondeu a Miguel Tellado, do Grupo Popular no Congreso, quen na sesión de control ao Goberno deste mércores formulou a Ribeira se vai tomar posesión do escano ou só foi unha fraude electoral. "A resposta é non, e ademais non houbo ningún tipo de ocultación respecto diso", insistiu Ribeira.

Pola súa banda, Tellado acusou a Ribeira de ser unha "fraude electoral" e "nefasta" como ministra polo peche e a deslocalización de miles de empresas, pola destrución de máis de 250.000 postos de traballo en sectores estratéxicos, por maltratar ao campo ou por duplicar a importación do gas de Rusia, "financiando indirectamente as guerras de Putin", entre outras cuestións.

"Agradézolle a sinceridade coa que recoñeceu ser unha auténtica fraude electoral", fixo fincapé o deputado do PP, quen pediu á ministra cumprir co seu compromiso electoral en Bruxelas e "deixar en paz a España".

A fraude electoral está en "non ter programa nin para Europa nin para España", sinalou Ribera para acusar ao PP de ser un partido incapaz de garantir a auga cando gobernaban, tratándose do seu "querido" transvasamento Texo-Segura e demostrando así "demagoxia e mentira nos grandes desafíos ambientais". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade