Publicador de contidos
Publicador de contidos

As gasolineiras non cren que vaia haber desabastecemento, a catro días da fin do desconto

As gasolineiras non cren que vaia haber desabastecemento, a catro días da fin do desconto

A Federación Galega de Estacións de Servizo pide que non se faga acopio de combustible

A bonificación de vinte céntimos para particulares remata o sábado
G24.gal 28/12/2022 14:02

Este mediodía as ringleiras e o atasco para acceder a unha gasolineira low cost de Santiago eran maiores dos que xa hai habitualmente neste lugar. Os seus baixos prezos convértena nunha das de maior demanda da contorna. 

Algúns usuarios lamentan que se remate a bonificación de 20 céntimos para particulares.

Tras o anuncio do final da bonificación, nas estacións de servizo xa prevían ringleiras de coches para botar combustible antes do domingo. Por iso, desde a Federación de Estacións de Servizo chaman á calma e pídenlles aos usuarios non acumular combustible, porque non cren que chegue a haber desabastecemento. 

Aínda así, algúns fan aprovisionamento para aproveitar os derradeiros días de desconto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar