Ringleiras nocturnas en Castrelos para mercar entradas para o concerto de Luis Fonsi
Ringleiras nocturnas en Castrelos para mercar entradas para o concerto de Luis Fonsi
O portorriqueño actuará o 23 de xullo en Vigo
Moitos seguidores de Luis Fonsi pasaron a noite en Castrelos para facerse cunha entrada para poder gozar do concerto que o portorriqueño dará o 23 de xullo en Vigo.
Longas esperas e moita imaxinación para levar unha espera longa que ben merece a pena.
Luis Fonsi fixo madrugar os seus fieis seguidores.
Os despachos de Castrelos abriron ás nove da mañá. Alí agardaban xa milleiros de persoas con todo o necesario para aguantar a espera.
Este luns póñense á venda 4.000 entradas nominais para evitar a revenda, que se teñen que mercar de maneira presencial.
Outras mil poderanse adquirir online. O obxectivo, lograr ese pase directo á platea deste auditorio.
Luis Fonsi volve a Galicia para poñer en pé cos seus ritmos latinos os seus seareiros e para presentar o seu novo disco nunha xira en que o portorriqueño cumpre 25 anos enriba dos escenarios.