Cargando resultados...
Ristic pasará de custar 1'5 millóns de euros a 3 se xoga 20 partidos esta temporada
Ristic pasará de custar 1'5 millóns de euros a 3 se xoga 20 partidos esta temporada
Anunciouno o Benfica na asembea de socios
G24.gal
06/09/2023 12:14
Última actualización 06/09/2023 12:24
Cousas que se van sabendo e que sorprenden. O serbio Ristic custoulle ao Celta un millón e medio de euros. Con todo, o Benfica acaba de anunciar na asemblea de socios que se Ristic xoga 20 partidos co Celta pasará a custar tres millóns de euros, que é o que terá que pagar a entidade celeste. E iso que chega da man de Luis Campos.
O serbobosnio chega a Vigo para reforzar o lateral esquerdo, no que Rafa Benítez só contaba con Manu Sánchez como xogador específico, ademais de Franco Cervi, a quen reconverteu nas primeiras xornadas de Liga, ata a lesión do futbolista arxentino.