Cargando resultados...
Verino, guía de excepción na mostra que repasa os seus 40 anos na moda
Verino, guía de excepción na mostra que repasa os seus 40 anos na moda
A exposición despídese este domingo da Coruña para continuar viaxe por España
G24.gal
24/09/2022 20:40
Última actualización 24/09/2022 21:40
Na visita guiada da tarde do sábado, un anfitrión de excepción deu as claves da exposición que celebra as catro décadas de Roberto Verino no mundo da moda.
O propio deseñador acompañou o persoal e o presidente da consultora Altia nun percorrido pola mostra, que reúne na Fundación Luís Seoane pezas icónicas e imaxes inéditas, resumo da evolución creativa do modisto galego.
40 anos de estilo Verino despídese este domingo da Coruña, pero continuará viaxando por España ata finais do ano 2023.