Cargando resultados...
Rocambolesco desenlace dun decepcionante Grupo C
Rocambolesco desenlace dun decepcionante Grupo C
Os dous últimos partidos remataron sen goles: Inglaterra-Eslovenia (0-0) e Dinamarca-Serbia (0-0)
Eslovenia foi segunda por diante de Dinamarca por mellor ránking FIFA porque nos outros parámetros estaban igualados
G24.gal
25/06/2024 22:35
Rocambolesco desenlace do Grupo C no que os dous partidos da última xornada (Inglaterra-Eslovenia e Dinamarca-Serbia) remataron con empate sen goles. Decepcionantes pola calidade os dous encontros.
Inglaterra asegurou a primeira posición do grupo, pero o curioso foi a resolución do segundo posto. Eslovenia e Dinamarca igualaron en puntos (3), goles a favor, goles en contra e cartóns amarelos. Tivo que decidirse polo quinto criterio (ránking FIFA) e aí os dinamarqueses estaban por riba dos eslovenos e amarraron o segundo posto.