Cargando resultados...
Rodrigo Corrales renuncia a xogar coa selección no Europeo de Balonmán
O porteiro cangués arrastra dende hai un tempo fortes dores nas costas e prefire ter descanso
G24.gal
18/12/2023 15:51
Última actualización 18/12/2023 15:56
Rodrigo Corrales renuncia a xogar coa selección española no Europeo de Balonmán que se vai celebrar en Alemaña dende o 10 de xaneiro O porteiro cangués arrastra dende hai un tempo fortes dores nas costas e prefire ter descanso durante a disputa do torneo para evitar que se lle agrave a lesión.
Ten no horizonte os Xogos Olímpicos de París. Corrales adoita ser un dos fixos das convocatorias da selección española, estivo presente nos 4 últimos mundiais e nos 3 últimos europeos.
Esta fin de semana recibiu unha homenaxe do Alondras.