Publicador de contidos

Publicador de contidos

Clamor no Grove contra a violencia no deporte: "Reflexionemos para que nada así se repita"

Clamor no Grove contra a violencia no deporte: "Reflexionemos para que nada así se repita"

Centos de persoas acudiron ao minuto de silencio polo veciño agredido nun partido de balonmán

O presunto agresor pasa a estar investigado por homicidio imprudente 

G24.gal 25/02/2025 14:47

Un clamoroso silencio, bandeiras a media hasta e loito oficial no Grove para despedir a Andrés Rico, o avó que perdeu a vida por defender o seu neto árbitro, dos insultos dun espectador.

"É o momento de facer unha reflexión colectiva como sociedade: que nos está pasando para ir ver un partido de balonmán un domingo calquera e acabar como Andrés? Estamos falando de deporte base, nenas de 15 anos e un árbitro de 16, non pode ser!", lamenta José Cacabelos, alcalde do Grove. 

Centos de persoas pediron que se manteña viva a pegada deste querido veciño, e que os valores do respecto e a convivencia se impoñan á violencia nas competicións deportivas.

"Na Federación levamos tempo vendo e denunciando este tipo de actitudes, é unha desgraza chegar a este punto", explica Aurelio Barreiro, responsable arbitral da Federación Galega de Balonmán. 

"Creo que chegamos a un punto de inflexión, isto non pode seguir igual. Temos que pararnos, pensar e ver cara onde queremos ir", engade Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán.

No acto tamén se pediu xustiza. O presunto agresor está investigado agora por homicidio imprudente e non por lesións, xa que o empurrón que lle propinou á vítima acabou sendo mortal.

Amais exponse a unha multa administrativa de ata 650.000 euros, así como a súa expulsión durante 5 anos de todos os recintos deportivos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade