Rodrigo Germade: "Na nosa cabeza está loitar pola medalla"
Rodrigo Germade: "Na nosa cabeza está loitar pola medalla"
O piragüista galego confía nas súas opcións de triunfar en todas as finais
O piragüista galego Rodrigo Germade chegou a París da man do equipo olímpico de piragüismo e reafirmou as súas posibilidades de conseguir unha medalla nestes xogos.
O de Cangas competirá en dúas probas, o K4 e o K2. Segundo as súas propias declaracións, en ambas disciplinas atópanse "preparados" e en sincronía para optar a todo, especialmente na primeira destas. Pola outra banda, no K2 competirá cóbado con cóbado con Carlos Arévalo. Afirmou soamente ter realizado "unhas vinte sesións" dende o Campionato Mundial o que, ao seu ver, non lles impedirá pelexar por calquera das finais ás que terán opción malia "non saber que nivel van ter". Como declarou, o obxectivo é o de loitar polas medallas.
Á súa vez, Rodrigo eloxiou que a pista estaba en bo estado polo que puidera observar pola televisión e confía nunhas boas condicións climáticas de cara ás probas.