Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zapatero cualifica de inxustas as críticas da oposición ao Goberno polo Sáhara

Zapatero cualifica de inxustas as críticas da oposición ao Goberno polo Sáhara

O expresidente participou no Paraninfo da Universidade no II Foro Educación A Coruña 2022

G24.gal 22/03/2022 21:35

Sobre o Sáhara falou na tarde deste martes José Luis Rodríguez Zapatero na Coruña. O expresidente do Goberno defendeu a decisión de Pedro Sánchez da que dixo que non supón un xiro na política española. Tamén cualificou de inxustas as críticas da oposición.

"Aí é cando se demostra se de verdade se pensa no Estado, en España ou só se pensa en a ver que oquiño hai para facer oposición e paréceme moi inxusto", sinalou José Luis Rodríguez Zapatero, expresidente do Goberno de España, quen visitou este martes a Casa do Concello da Coruña e participou no Paraninfo da Universidade no II Foro Educación A Coruña 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar