Roko Badzim poderá debutar o mércores ante o Zaragoza
Roko Badzim poderá debutar o mércores ante o Zaragoza
O aleiro croata foi presentado esta mañá
No Obradoiro, a novidade no partido co Zaragoza será o croata Roko Badzim. Estivo en Valencia co equipo, coñeceu os compañeiros e comezou esta mañá a adestrar. E
Eduardo Pascual, director deportivo, trazou o perfil da nova incorporación:
"Roko vén completar o equipo, con características deportivas diferentes a Mendoza. Xogador completo en ambas as partes da cancha. Adáptase ben ás distintas posicións exteriores. A liga Endesa será un test importante para comprobar a súa progresión".
O xogador balcánico mide 1,97 e con anterioridade á súa chegada ao Obradoiro defendeu as cores do Szolnok húngaro, Ljubljana esloveno, Sibenka croata e Konyaspor de Turquía. Neste equipo tivo unha media de 11,7 puntos, 2,6 rebotes e 2,9 asistencias en 28 partidos.